lunes, 26 de agosto de 2013

Ruxe-ruxe

(Numérico)

No concerto de onte había trescentas vinte persoas; cento noventa e catro homes e cento vinte e seis mulleres; os músicos eran vinte e catro e mailo director. As dúas primeiras filas estaban baleiras porque a sonoridade é mellor a partires da fila catro. Eu senteime, coma sempre que podo, na dezaseis, evitando quedar xusto debaixo dunha saída do aire acondicionado que me fai espirrar, algo que resulta moi molesto cando o primeiro violín comeza o segundo movemento...

No hay comentarios:

Publicar un comentario