lunes, 18 de agosto de 2014

Autocoñecemento grupal

Xogo de grupo.
Material necesario: lapis e papel;
Cada participante escribe algo sobre si mesmo: afeccións, teimas, aspiracións, prato favorito, último agasallo que recibiu, cor favorita...;
Mestúranse os papeis de tódolos participantes e o monitor (para evitar que se recoñezan pola caligrafía) vai lendo cada un dos papeis, mentres os participantes van escribindo o nome do compañeiro ó que coidan que corresponde.
Finalmente, contabilizámo-lo número de acertos e teremos unha idea do nivel de autocoñecemento dos integrantes do grupo. Tamén podemos realizar un gráfico de redes que nos permitirá valora-la integración de cada un dos participantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario