miércoles, 23 de septiembre de 2015

Ruxe-ruxe

Xogo de grupo. Memoria auditiva.

Enriba da mesa da cociña estaban os libros, á dereita; un caderno novo e varios lapis ben afiados no centro. Pola fiestra entraba unha luz dourada, de outono. Marcos tomaba de vagar un bocadillo de atún e tomate, mentres escoitaba de vagar coma ó seu equipo favorito lle encaixaban un segundo gol. A avoa preparaba café ó mesmo tempo que falaba por teléfono coa veciña do terceiro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario