sábado, 7 de noviembre de 2015

Refraneiro

Comenta algún dos seguintes refráns, ditos ou expresións da fala popular seguindo o exemplo:

Falo eu e canta un carro;
Para parar un tren;
Ovella que berra, bocado que perde;
A choiva polo San Xoán tolle o viño e non dá pan;
Estar nos ósos;
Do dito ó feito hai un treito;
Coma un reloxo;
Mentres capo non asubío;
Al pan, pan, y al vino, vino;
Estar coma un flan;

NON TER UN CAN QUE LLE LADRE
Dicíase das mozas que non tiñan admiradores
ou pretendentes. Neste caso o ladrido do can
interprétase como un símbolo de amizade,
pero tamén se di
ATA LLE LADRAN OS CANS
para indicar falta de aprecio, de recoñecemento
social ou de caída en desgraza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario