Falando coas cousas.
Xogo de grupo.
Cada participante escolle
un obxecto calquera.
(Tamén podemos ter unhas
papeletas cos nomes dos obxectos e que cada participante escolla un ó chou).
Exemplos:
reloxo;
gafas;
libro;
lapis;
zapato;
etc.
Cada un debe inventar unha
conversa CON ese obxecto. Non se
trata de describilo, senón de establecer unha relación con el, coma se dun ser
animado se tratara.
Exemplo:
Conversa cun lapis.
Lembro cando te merquei;
era pola tarde e tiña ansia por debuxar. O primeiro que fixemos xuntos foi unha
margarida sobre unha folla do meu caderno de notas. ¡Que ben te adaptabas á
miña man, con que suavidade te deslizabas e con que fidelidade reproducías os
meus impulsos! Despois da margarida veu unha rosa e logo un tulipán...
No hay comentarios:
Publicar un comentario