lunes, 4 de enero de 2010

Charada

As charadas son acertixos nos que debemos atopar unha palabra empregando as pistas que nos dan sobre as súas sílabas; estas reciben os nomes de PRIMA: a primeira sílaba; SEGUNDA, TERCIA, CUARTA...; TODO é a palabra completa.

SEGUNDA-PRIMA: Alimentar a un animal para engordalo;
SEGUNDA-CUARTA: A última comida do día;
TERCIA-CUARTA: Tea forte coa que se fan os toldos;
TODO: Cidade española;


No hay comentarios:

Publicar un comentario