viernes, 1 de enero de 2010

Solución ó acertixo

Temos 27 moedas aparentemente iguais, pero unha delas pesa menos que as outras. ¿Cantas pesadas debemos facer como mínimo para atopala empregando unha balanza de pratiños?

Solución: 3 pesadas.

Primeira pesada:
Dividimos as 27 moedas en tres grupos de 9 moedas cada un, poñemos dos grupos cada un no seu pratiño e déixamo-lo outro aparte; se os dos pratiños están equilibrados, a moeda que buscamos está no grupo apartado, e se están desequilibrados saberemos en que grupo está.
(Este procedemento será o que debemos seguir en tódolos casos nos que hgaxa un número de moedas que sexa múltiplo de tres).
Segunda pasada:
Repetímo-lo procedemento facendo agora tres grupos de tres moedas cada ún e seguímo-ló meso procedemento.
Terceira pesada:
Repetimos con tres grupos de unha moeda, así que quedará perfectamente determiñado cal é a moeda que pesa menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario