viernes, 29 de julio de 2011

Memoria

Ler atentamente o seguinte texto para despois responder ás preguntas que se formulan:

Era mércores; amañecera con brétema, pero ó mediodía quentaba o Sol, tanto que era preciso buscar unha sombra baixo a que protexerse. pero iso non era difícil, os tres grandes magnolios situados na cara oeste da praza proporcionaban ós camiñantes un bo lugar de abrigo no que consultar mapas, roteiros e guías, anotar as incidencias da mañá nos cadernos de bitácora ou escribir algunha tarxeta postal, que tardaría máis en chegar ó seu destiño que o viaxeiro en voltar ó seu país de orixe.
O que se botaba de menos era unha fonte cantareira, non tranto para apaga-la sede, que para iso estaban as augas embotelladas, senón polo seu mamullo adormecedor e reconfortante.

PREGUNTAS:
  1. ¿Que día da semá era?
  2. ¿Cantas árbores había?
  3. ¿Que tipo de árbores?
  4. ¿Que temperatura había ó mencer?
  5. ¿A que hora do día se refire o relato?
  6. ¿En que lugar da cidade nos atopamos?
  7. ¿Que soían facer os camiñantes que se detiñan nese lugar?
  8. ¿Que se botaba de menos na praza?
  9. ¿En que cidade nos atopamos?
  10. ¿Quen relata a historia?

No hay comentarios:

Publicar un comentario