miércoles, 20 de julio de 2011

Xogo de grupo: coordinación

"O XOGO DA PEDRA"
Aportado polas alumnas de Pedagoxía da USC en prácticas.

Material necesario:
Follas de xornal, unha dobre por cada participante; con elas farán unhas "bolas" (pedras) o máis compactas posible.

Desenvolvemento:
Os participantes colócanse nun corro, de pé ou, se se trata de adultos maiores, preferiblemente sentados, coa man esquerda en posición de recibir, coa palma cara arriba; a man dereita en posición de dar, collendo a bola de papel coa palma cara abaixo.
Ó compás da cantiga, cada participante debe depositar a súa "pedra" na man esquerda do compañeiro que está á súa dereita, ó mesmo tempo que recibe outra do compañeiro que está á esquerda, formando unha cadea que faga "circular" as pedras, sen deixar de cantar. A medida que vai transcurrindo o xogo, cántamos cada vez máis rápido.

O xogo da pedra vaiche gostar;
se sempre a pasas, vólvela a topar.
Este xogo da pedriña
sempre ledo xogarás.
Se practicas moitas veces
nunca vas errar.

Tamén se pode facer empregando outras cantigas como "Un elefante se columpiaba..." ou "Había una vez un barquito chiquitito...".

No hay comentarios:

Publicar un comentario