Pedro, Marcos e Lois están
convencendo ós seus compañeiros da Facultade para formar unha comparsa de
Entroido. Aínda non decidiron se vestirse cada un do que lle pete ou procurarse
disfraces iguais para todos. A Pedro gustaríalle ir de feirante, Marcos non
quere ir vestido de muller de ningunha maneira por mor dos zapatos de tacón e Lois
non ten preferencias sempre que nono recoñezan.
bos días,
ResponderEliminaren que consisten os ruxe-ruxe??
É un xogo de grupo, tamén coñecido como RUMOR ou TELÉFONO AVERIADO. Trátase de traballar a memoria auditiva;o monitor ou animador cóntalle a historia ó ouvido a un dos participantes, este cóntalla ó seu compañeiro e así ata que circula por todo o grupo. Ó rematar, o último participante contará a historia en voz alta e comentaremos a información que se perdeu ou que se deformou. Tamén podemos empregalos nos obradoiros de risoterapia.
EliminarAgardo que a información che resulte útil.