martes, 23 de julio de 2013

Memoria musical


Unha vella tiña un can

Unha vella tiña un can
debaixo da cama onde ela durmía.
Cando a vella espertaba
o can ladraba
e a vella dicía:
-Malo raio parta ó can
que mal agradece o pan que lle dan.

Unha vella tiña un gato
debaixo da cama onde ela durmía.
Cando a vella espertaba
o gato miañaba,
o can ladraba
e a vella dicía:
-Malo raio parta ó can
que mal agradece o pan que lle dan.

Unha vella tiña un cabalo...
o cabalo rinchaba,
o gato miañaba,
o can ladraba...

E así co resto dos animais.

O CAN – LADRABA
O GATO - MIAÑABA
O CABALO - RINCHABA
A OVELLA – MEABA
O COCHO – ROÑABA
O CORVO – GRALLABA
O RATO – CHIABA
A PITA – PIABA
O MERLO – ASUBIABA
O BURRO – ORNEABA
A VACA - MUABA
O LOBO – OUVEABA.

Os participantes poden dividirse en dous un grupos, un di os animais e o outro os sons.



No hay comentarios:

Publicar un comentario