Ricardo e Salomé
disfrazáronse o martes de Entroido. Ricardo de pirata e Salomé de ama de cría,
cunha boneca da súa filla máis nova. Foron á casa de Alexandre, xa vestidos,
para tratar de convencelo de que se disfrazara el tamén. Incluso lle deron
algunhas ideas: indio, feirante, habanero, turista americano... Pero non houbo
maneira de que aceptara: na televisión galega poñían unha película antiga de
Spencer Tracy e non quería perder por nada do mundo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario