lunes, 30 de septiembre de 2013

Memoria musical

Máis coplas tradicionais relacionadas co canto e o baile.

Toca, pandeireta, toca
e non deixes de tocar
que me custáche-los cartos
axúdamos a gañar.

Este pandeiro que toco
por moito que  repenique
non teñas medo que rompa
que é de coiro de cacique.

Este pandeiro que toco
é de pelexo de ovella;
onte pacía no monte,
hoxe toca que rabea.

Baila, meu Manueliño,
meu Manuel baila;
baila, meu Manueliño
con Adelaida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario