Solución:
Os venres erguíase
con ansia para chegar ó traballo un pouco antes do acostumado. Non quería
deixar labores inacabadas para a semana seguinte. Ó rematar pasaba polo
supermercado para facer algunhas compras e despois, máis tarde, reuníase con
algúns amigos para tomar uns pinchos nalgunha tapería aberta recentemente, xa
que a todos lles gustaba probar novas especialidades culinarias; dados de
tomate con queixo de Arzúa, chulas de cabaza, ensalada de polbo... Non tiña
présa por volver á casa porque ninguén
agardaba nela e para durmir, pensaba a miúdo, sempre quedaba toda a
eternidade.
Exercicio complementario:
Elabora un pequeno perfil,
rápido, tal como o imaxinaches segundo ías lendo, do personaxe protagonista do
relato anterior:
sexo
idade
profesión ou oficio
condición social
nivel económico
nivel de estudos
ámbito residencial
gustos, preferencias
estado civil
situación familiar...
Revisa o perfil contrastándoo coa información contida no texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario