lunes, 14 de octubre de 2013

Ruxe-ruxe

Hoxe foi a primeira vez que se reuniron tódolos compoñentes da comisión de festas. ¡Xa era hora, pois apuro faltan dous meses para o San Antonio! Lorena, a presidenta, trouxo algunhas propostas, aparte do programa musical que é o que máis interés esperta: un concurso de baile por parellas, unha degustación de tortas caseiras, unha exposición de fotografías do barrio nos anos 60... Belén, a tesoureira, repartiu unha lista dos establecementos que poderían colaborar monetariamente ou en especies e que teremos que visitar na próxima semana...


No hay comentarios:

Publicar un comentario