O rapaz tería uns sete anos
e a nena non pasaba dos cinco. Ámbolos dous ían cargados coas súas mochilas
camiño da escola. De cando en vez, el xiraba a cabeza para comprobar que súa
irmá o seguía de cerca e reducía o paso cando ela quedaba un pouco rezagada. Ó
chegaren ó paso de pións, o neno parouse e estendeu, coma nun xesto cotiá e ó
mesmo tempo protector, o brazo esquerdo para que a cativa se collera á súa man...
No hay comentarios:
Publicar un comentario