lunes, 10 de febrero de 2014

Ruxe-ruxe

Mingos e máis Rosario, a súa muller, vestíronse cos seus mellores traxes para asistir ó convite que organizaban Remedios e Nicolás para celebra-los vinte e cinco anos do seu casamento. Os dous matrimonios eran moi amigos desde que Mingos abrira unha tenda de antigüidades. Remedios e mailo seu home  convertéronse nos seus mellores clientes. Era doado velos xuntos no cine, no teatro ou sentados nunha terraza do centro. Remedios e máis Nicolás non tiveran fillos... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario