martes, 11 de febrero de 2014

Ruxe-ruxe

Á hora do café xuntábanse Andrés, Anxo, Vicente e Antón; unhas veces xogaban unha partida de cartas, outras discutían de fútbol, de política ou de calquera novo do día. Se non había moita xente, Servando, o dono da taberna, tamén se  unía ó grupo narrando algunha das anécdotas que lle aconteceran na súa mocidade, cando traballara nun hotel na Suíza francesa. Algunhas historias xa as escoitaran varias veces, pero iso non importaba, porque Servando tiña moita graza e sempre conseguía facelos rir...

No hay comentarios:

Publicar un comentario