domingo, 7 de agosto de 2016

Ruxe-ruxe

Memoria auditiva. Xogo de grupo.

Adela, a rapaza que traballaba no quiosco, tiña o pelo longo e usaba a diario pantalóns vaqueiros e camisetas de algodón; dispuña dunha boa colección delas, de diferentes cores, unhas lisas, outras con debuxos e as máis con algún tipo de inscrición. Era a encargada de abrir o negocio e colocar cada xornal no sitio correspondente do mostrador. Todo debía estar  ben organizado para despachar ós clientes coa maior dilixencia, pois a primeira hora a xente anda co tempo contado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario