martes, 9 de agosto de 2016

Solución a cuestión de lóxica

Responde ás preguntas formuladas tendo en conta a información que se proporciona:
  1. Onte pola tarde choveu moito, a pesares de estarmos en verán;
  2. Pablo e Martiño non saíron da casa;
  3. Salomé foi dar un paseo, pero non se mollou;



Solución:
  1. Pablo e Martiño son irmás: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
  2. Martiño foi ó cine: Falso, Martiño non saíu da casa;
  3. Salomé está casada: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
  4. Hoxe é o catro de abril: Falso, porque estamos no verán;
  5. Pablo veu unha película de terror: Non podemos afirmalo, pero podería ser certo se o fixo na casa;
  6. Martiño mollou os pés e tivo que muda-los calcetíns: Tamén podería ser certo a pesares de non saír se se mollou na casa;
  7. Onte pola mañá quentaba o sol: Puidera ser, non é incompatible con que chovera pola tarde;
  8. Salomé é amiga de Pablo: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;
  9. Onte facía frío: Non sabemos, que chovera non implica que fixera frío;
  10. Salomé saíu pola mañá: podería ser unha opción, pero tamén puido levar paraugas, por exemplo;
  11. Pablo, Martiño e Salomé viven na mesma localidade: Coa información que temos non podemos afirmalo nin negalo;




No hay comentarios:

Publicar un comentario