viernes, 31 de mayo de 2013

Creatividade

Xogo de grupo
Non máis de sete ou oito participantes.
Cada participante debe elaborar unha pequena historia, aproximadamente 50 palabras, a partires dunha frase.
Tódalas frases son diferentes, pero teñen algún nexo entre si. Cada participante descoñece as frases que lle corresponderon ós seus compañeiros.
Unha vez que cada alumno ten o seu texto deben refundilo nun texto único que recolla a meirande parte da información de cada un sen caer en anacronismos ou contradicións.

Óscar, Amparo e Sonia
eran amigos desde nenos...
Óscar tiña unha irmá que
aprendía a toca-lo violín na
Escola Municipal de Música...
Amparo vivía nunha pequena
casa nas aforas, por iso
empregaba a  diario a bicicleta...
A Sonia non lle gustaba o peixe
nin os chícharos...
Os pais de Óscar eran moi estritos
no tocante á educación dos seus
fillos...
Amparo levábase moi ben
cos seus avós...
A Sonia regaláranlle unha
cadeliña polo seu santo...
Óscar adestrábase tódalas
tardes para participar nunha
carreira pedestre...
As frases repártense ó chou.


No hay comentarios:

Publicar un comentario