viernes, 31 de mayo de 2013

Mímica

Xogo de grupo
Cada participante escolle ó chou unha tarxeta na que hai escrita unha frase e marcadas unhas palabras chave. Expresándose só con xestos debe conseguir que os compañeiros adiviñen o contido da frase acertando tódalas palabras chave.

Poden servir frases coma estas:
Un home moi alto que levaba sombreiro pediume unha esmola;
A muller choraba porque perdera as chaves do coche;
Dúas amigas (ou dous amigos) comen un filete con patacas fritidas e comparten unha ensalada;
Está chovendo; unha persoa agarda o autobús que ven con retraso;
A cociñeira prepara polbo á feira e ovos fritidos;
Un estudante prepara o seu exame de frauta; fai moito frío;
Unha persoa olla nerviosa un partido de tenis; o seu xogador favorito está perdendo;
É noite; neva e na televisión emiten un concerto de música clásica;


No hay comentarios:

Publicar un comentario