miércoles, 15 de mayo de 2013

Solución a agudeza visual


Solución:
1=l; 3=b; 7=t; 8=e;

Trátase dun conto popular galego

Os consellos do corvo
Un corvo vello, antes de saca-los fillos do niño, dáballes algúns consellos, para que soubesen andar polo mundo sen perigo. Dicíalles:
—Mirade, cando vexades vir un home, escapade, porque se vos colle pódevos matar. Se vedes que trae un pau furado, o que os homes chaman unha escopeta, escapade aínda que estea lonxe. Se vedes que se baixa para coller unha pedra, escapade tamén aínda que estea lonxe.
Nisto falou un dos corviños e preguntoulle ó pai:
—¿E se trae a pedra no peto?
E contestoulle o pai:
—Ti pódeste ir, que xa sabes andar so.

No hay comentarios:

Publicar un comentario