lunes, 2 de septiembre de 2013

Ruxe-ruxe

Tódolos días, agás os xoves, ás oito da noite, Xurxo ía xogar unha partida de xadrez co seu cuñado Martiño. Xogaban no bar da Praza Nova. Xurxo perdía as máis das veces porque se distraía coas discusións sobre fútbol ou política, que eran os temas preferidos da clientela do establecemento. Martiño concentrábase máis no xogo, porque non lle gustaba perder; incluso na casa, despois de xantar, repasaba algunhas xogadas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario