martes, 17 de septiembre de 2013

Ruxe-ruxe

Eran as dez e media. Un home alto e con gafas camiñaba a bo paso pola rúa deserta a aquela hora. Ó fondo, na praza, un grupo de rapaces berraba “auga, auga”, non sei moi ben por que. A noite estaba fresca, pero clara, asomado ó balcón pensei na miña mocidade: daquela as rúas non estaban desertas, senón ateigadas de xente que camiñaba con ansia e paso forte; os rapaces non berraban, cantaban as cancións de moda; o frío espelíanos, só o ceo era o mesmo, ¿ou non?


No hay comentarios:

Publicar un comentario