MEMORIA AUDITIVA v.s.
MEMORIA VISUAL
Xogos de grupo:
1.
Facilitámoslle ós participantes de viva voz unha
lista de 10 palabras calisquera; repetímola lista dúas ou tres veces. A
continuación apuntan nun papel tódalas palabras que lembren, repasamos e cada
un marca o seu número de acertos;
2.
Repetímo-lo exercicio, pero, neste caso,
pasámoslle unha lista de palabras mecanografadas que poderán observar durante
uns 30 segundos. De novo apuntan tódalas palabras que lembran e marcan o número
de acertos.
¡COMPARAN RESULTADOS!
3.
Lemos a lista de palabras, pero permitimos que
copien nun papel as palabras que van escoitando. Pedímoslle que rachen ou
desboten os apuntes e que traten de repeti-la lista nunha folla nova.
Corriximos, anotamos o número de acertos e compararemos cos resultados
anteriores.
Para evitar os efectos dunha tensión prolongada, podemos
realizar cada unha das variantes nunha sesión diferente.
Algunhas listas de palabras
que podemos empregar:
LISTA 1
|
LISTA 2
|
LISTA 3
|
malecón
escurrideira
zamburiña
ringleira
pandeirada
narrativa
servidume
conversa
aretes
maxisterio
|
ministro
comparación
escaparate
estrela
meigallo
querenza
melindres
escritura
trompeta
renacer
|
fervenza
agricultura
vestimenta
solsticio
maleza
mendiño
comporta
festival
recibidor
consistencia
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario