25
Alí estaba, na primeira páxina do xornal, Tomás, o seu veciño, agraciado
cun premio dun millón de euros na Bonoloto. ¿Debería felicitalo pola súa sorte
ou, acaso, o seu xesto sería mal interpretado? Nunca tivera con Tomás máis que
unha relación superficial, nin sequera sabía cal era a súa ocupación; saía da
casa tódolos días ás nove da mañá e voltaba puntualmente ás seis, sábados e
domingos inclusive. Non tiña un can de compañía, pois, se así fora, veríao no
xardín de cando en vez.
Total: 85 palabas;
26
A cotío erguíase ás oito; mentres facía o café, ollaba
pola fiestra, se o día estaba claro o seu ánimo empurrábao a cumprir con
dilixencia as súas obrigas matutinas para saía á rúa canto antes. Se estaba
escuro almorzaba de vagar, mentres escoitaba as noticias que daban pola radio.
Marchaba da casa co tempo xusto para chegar ás nove e media ó traballo.
Total: 63 palabras;
No hay comentarios:
Publicar un comentario