11
Aquel
ano polas festas da Ascensión trouxeran dúas orquestras, una tocaba desde as
nove da noite ata as once, e a outra comezaba a súa actuación ás doce e non remataba ata ben pasadas as dúas da
mañán.
A
Antón non lle gostaba bailar, pero coñecía tódalas pezas, que tarareaba polo
baixo arrimado a una palmeira do paseo situada xusto fronte ó palco da música, sen que ninguén repara nel,
claro que con talto balbordo…
Total: 75 palabras;
12
Non era xoves, aínda era martes; tiña tempo dabondo
para argallar un plan para a fin de semán. Debería barallar varias
posibilidades por mor da meteoroloxía, moi inestable nesa época do ano: se fixera
bo podía realizar unha caminata ó longo do río Toupío* e tirar algunas fotografías
dos vellos muíños; en caso que chovera, podía reunirse con algún amigos na casa
rural de Cantires**, onde sempre estaban garantidas unha interesante conversa e
una exquisita comida.
(* e ** son invención)
Total: 76 palabras;
13
Numérico
Marta quedara ás seis da tarde coas súas amigas,
pero antes debía facer un par de chamadas telefónicas; non lembraba se a cita co dentista o día
dez ás doce da mañá ou o día doce ás dez, e non quería trabucarse.
Tamén
tiña que facer un pedido de catro centos cincoenta calendarios coa publicidade
da súa libraría para os clientes máis asíduos. ¿Non sería millor encargar
cincocentos? A quince céntimos cada un era preferible que sobraran e non ter
que facer un novo encargo cos conseguintes gastos de envío.
Total: 90 palabras;
14
Espertara de mañanciña, pero sen gañas de
erguerse; quería gozar con tódolos seus sentidos dun intre de sosego, ó
quentiño, ¡aquelas sabáns eran tan soaves!
Acendeu a radio que tiña sobre a mesiña, cada
hora daban noticias... Gostáballe apostar consigo mesma cal sería o tema de
conversación do día. Non sempre atinaba, era evidente que os seus intereses non
tiñan moita relación cos da maioría da xente coa que trataba.
Total: 70 palabras;
No hay comentarios:
Publicar un comentario