Era á noitiña, a choiva amainara e algúns atrevidos
paseaban tranquilamente polas rúas. Chamáronme a atención dous rapaces, case
con toda probabilidade estranxeiros, a xulgar pola súa indumentaria, que
sentados baixo os soportais e indiferentes a todo o que acontecía ó seu redor,
sacaron o seu portátil da mochila e comezaron a navegar con toda naturalidade.
En Santiago aínda se podían facer esas cousas sen medo algún...
No hay comentarios:
Publicar un comentario