7
Dolores tiña o costume de compara-los prezos duns
establecementos a outros, incluso daqueles productos que non mercaba
endexamais: así sabía que unha garabata podía costar entre os corenta e os
setenta euros nunha tenda do centro da vila; uns zapatos de tacón, segundo o
fabricante e a calidade, oscilaban entre os vinte e poucos e os cen…
Total: 57 palabras;
8
(Descriptivo)
Subindo, á dereita, está a
farmacia, un pouco máis arriba hai una perruquería de señoras, logo a tenda de
informática e, ó carón, a panadería que fai esquina.
Tamén hai una discoteca, pero como
ás horas que eu paso está pechada, nona teño en conta para as miñas
referencias.
A rúa é amplia e as edificacións
do outro lado teñen pouca altura, así que case todo o día dá o Sol nesta
beirarrúa.
Total: 77
palabras;
9
Rosario era a irmá de Marcelino, ámbolos dous fillos da
panadeira; a Rosario non lle gostaban as bonecas, prefería xogar ás chapas
(tiña una boa colección delas, todas diferentes), ó aro ou montar na carrilana
que lle regalara o seu padriño, pero como máis gozaba era acompañando ó seu
irmán na procura de niños.
A Marcelino non lle agradaba que a cativa o seguirá a todas
partes e a tódalas horas, pero non lle quedou outra que acostumarse, porque ela
era teimosa e, aínda que lle costara recoñecelo, una rapariga Valente e
arriscada…
Total:
93 palabras;
10
Marcelino, o fillo da
panadeira, tiña un canciño que atendía polo niome de Trisca e que o seguía a
todas partes. Cando Marcelino entraba na escola o animal ficaba un anaco
ollando para a porta, mentres movía con gracía o seu rabiño; despois dun bo
anaco sentábase sobre as súas patiñas traseiras, sempre coas orellas alerta.
Ó sairen da escola
Marcelino e mailos seus compañeiros, Trisca seguíaos a certa distancia, coma se
soupera que o rapaz repararía nel cando ficara soio e se adentrara no piñeiral
que debía atravesar para chegar á súa casa.
Total: 94 palabras;
No hay comentarios:
Publicar un comentario