A PROPÓSITO
DOS “RUXE-RUXE”:
Os que
conteñen nomes propios de persoas ou
localidades (sobre todo se son descoñecidos para os participantes, coma ocorre
cos inventados), cantidades
(principalmente as fraccionarias, seis euros con corenta céntimos, por exempro)
ou listas de palabras (pantalón azul, camiseta branca, gafas de sol
e calzado deportivo, p.e.) son os que revisten unha meirande dificultade.
Aínda así, a perda, transformación ou deformación da
información débese en moitos casos máis a problemas auditivos que ás
dificultade para memorizar.
Especialmente
difíciles son os que conteñen relacións
de parentesco. Exempro:
15
Álvaro e maila súa muller ían pasar uns días a Móstoles; pernoctarían na
casa do seu sobriño Cosme, que era fillo dunha irmáa de Álvaro; ela marchara a
Madrid sendo moi nova para coidar a unha tía e xa non voltara a aldea.
O matrimonio aproveitaría para coñecer á moza do seu sobriño, coa que tiña
pensado casar no mes de setembro. Os pais da rapaza eran oriundos de Mondoñedo,
onde tiñan un curmán que rexentaba un restaurante de sona...
Total: 80 palabras;
Total:
83 palabras;
16
Era vernes e chovía; en realidade levaba chovendo seguido máis dunha semán.
A Inés gostáballe a choiva, pero no seu tempo e non cando só faltaban uns
días para a entrada do verán.
Tiña gañas de desprenderse do calzado de inverno, da gabardina e máis do
paraugas e sentirse lizgaira para camiñar polas rúas ou ler un libro sentada
nun banco do parque.
Os seus ollos demandaban imperiosamente a luz natural.
Total: 71 palabras;
17
Hoxe
todos tiñan ganas de falar, uns da prima de risco, outros do ascenso do Celta á
primeira división da liga de fútbol, outros dos escándalos nas Caixas de
Aforros, dos paradisos fiscais, dos incendios forestais, do prezo do
combustible ou das dificultades para aparcar perto do centro da cidade...
Así que
o ensaio comezou cuns dez minutos de retraso, pero logo recuperámo-lo tempo
perdido, os poemas de Celso Emilio tiñan forza expresiva dabondo para facernos
esquecer todo o demais.
Total: 80 palabras;
18
Era época de rebaixas: algúns establecementos ofrecían descontos do 30, 40,
50 e ata o 70% no prezo da meirande parte dos seus productos. Os escaparates
estaban ateigados de atractivas mercadorías:roupa, calzado, accesorios,
obxectos decorativos, útiles para o fogar, xoguetes... Pero ninguén se atrevía
a mercar nada; para non caír na tentación, a xente pasaba de presa por diante
das tendas, coma se tivera algo urxente que facer, ou concentraba a súa atención
nunha chamada de móbel. Era unha cara máis da crise...
No hay comentarios:
Publicar un comentario