19
As paredes pintadas de cor salmón mostraban manchas de
humidade, cousa que non era estrana, pois o edificio colindante levaba anos
adandoado.
Gostábanos entrever
naquelas manchas aparentemente amorfas siluetas de figuras recoñecibles:
naquela esquina unbastón co seu puño retorneado; un pouco máis abaixo un barco
coas velas ó ventoe á súa esquerda unha camisa de durmir á que lle faltaba unha
manga...
Total: 62 palabras;
20
Marta estaba de santo, nono comentara con ninguén, pero, ó chegar ó
despacho atopou un ramo de lirios e o último libro de Miguel Torres, o seu
autor favorito, así que, sen pensalo moito, convidou a xantar ós seus
compañeiros de traballo.
Non poderían ir moi lonxe porque só dispuñan dunha hora; no edificio de enfronte
había un pequeno restaurante bastante acolledor, a el se dirixiron. Carmelo
pideu unha crema de calabacín e unha milanesa; Tereixa unha ensaladiña rusa e
salmón ó ferro; Marta e Gustavo decidiron compartir unha ensalada mixta e
probar a pescada ó estilo do cheff. A sobremesa xa escollerían despois...
Total: 104 palabras;
21
A tronada comezou ás catro da tarde e xa eran as sete e
aínda seguía chovendo con forza. As previsións meteorolóxicas anunciaran unha
fin de semán soleada e un lixeiro aumento das temperaturas, así que os plans de
Marcelo viñéronse abaixo: tiña pensado ir ata o souto de Pardiñas, perto do
río, para facer uns apuntes á acuarela.
Total: 58 palabras;
No hay comentarios:
Publicar un comentario