1
O
próximo venres, ás oito da tarde, reunirémonos no Círculo Cultural “A Roseira”
para celebra-lo centenario do nacemento do poeta galego Coles Melaste*.
O acto consistirá nunha semblanza biográfica do escritor e un
recital dalgúns dos seus poemas máis coñecidos por parte dos alumnos e
profesores da Escola Dramática Municipal.
Será una boa ocasión para testimoniar o noso compromiso coa
cultura.
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.
Total: 66 palabras
* É invención.
2
Os xoves
e os sábados vou ó mercado;
aproveito para surtirme de froitas, verduras e peixe; todo ilo do país; os luns compro na tenda do barrio
productos de uso diario: aceite, zucre, pasta, legumes…
Os martes xanto coa miña amiga Tereixa que
prepara un estofado de carne exquisito; os mércores
e os venres vou á cafetería da
empresa porque traballo mañán e tarde; os domingos
aproveito para coñecer algún lugares dos arredores e tomo calquera cousa en
calquera sitio.
Total: 80 palabras
(Importante: lembrar a
actividade que corresponde a cada un dos días da semán)
3
Seguín a aquel home durante una hora;
camiñando detrás del observaba atentamente os seus movementos, ó mesmo tempo
que procuraba imitalos: o xeito de tocarse o sombreiro coa man esquerda de
cando en vez coma para asegurarse de que seguía aí ou de xira-la cabeza a un
lado e a outro coma buscando algo ou a alguén; en ocasións aminoraba o seu
paso, entón eu facía o mesmo tratando sempre de manter a distancia que
consideraba prudencial; noutras apurábao, ó mesmo tempo que subía o colo do seu
raído gabán, xesto un tanto estrano, pois a noite era morna…
Total:
99 palabras.
4
Adrián
somelloume un home serio, escoitaba atentamente a cada un antes de falar
e logo respondía coas palabras precisas
e axeitadas ás circunstancias; Emilio
era rideiroe o seu sorriso contaxioso, con el non había penas; Marcos, pola contra, era reservado e
ruborizábase a cada pouco; Pedro,
que tocaba o acordión, era retranqueiro, Antón,
o gaiteiro, franco; Casimiro, que
estudaba bioloxía, ciumento; Dositeo,
despitado; Aníbal, lingoretiro; Tomás, desconfiado…
Total: 67 palabras
(Importante: relacionar
cada nome coa cualidade correspondente)
5
Eran extranxeiros e ollaban con moita atención o
cruceiro situado no medio da praza. O home era alto e forte, calzaba sandalias
negras de coiro; a muller, de cabelo roibo,
unas bailarinas turquesa, a xogo coa camiseta de manga curta; a nena,
que levaba un gracioso sombreiriño verde, uns tenis brancos con cordóns tamén verdes.
Era verán e ningún deles levaba chaqueta.
Total: 62
palabras:
6
Desde a fiestra podía ollar os rapaces que xogaban na rúa tódalas
tardes ó saíren da escola: Marcelino, o fillo da panadeira, e máis sús irmáa
Rosario; Andrés e Marcos, os xemeos, fillos do boticario; Inés, a máis cativa
do xastre…
Algunhas veces xogaban á agachadela, outras á maroma ou ás chapas; en
contadas ocasións uníaselles tamén luis,
o fillo do notario; daquela xogaban coa súa estupenda pelota de coiro.
A min tamén me gostaría poder xogar con eles.
Total: 79
palabras;
No hay comentarios:
Publicar un comentario