A Marcos gostáballe ir ó cine; prefería acodir á última
sesión e, a poder ser, soio; non quería que o distraesen con comentarios nos
momentos máis cruciais da película. Sentábase na última fila, na butaca central
se esta non estaba xa ocupada, así non tiña que preocuparse por se, ó cambiar
de postura, molestaba a algún outro espectador.
Á saída, Marcos buscaba unha cafetería tranquila, pedía
un café, unha copa de viño ou unha cervexa,
segundo a época do ano, sacaba un pequeno cuaderno do peto e anotaba nel
as súas opinións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario