miércoles, 18 de julio de 2012

"Cambio": xogo de grupo

Trátase de escribir unha historia non a dúas mans, senón a tres, catro, seis..., segundo o número de participantes e o tempo do que dispoñamos.
Cada participante comeza a escribir unha historia e cando o monitor diga "CAMBIO" pasaralle o seu papel ó compañeiro sentado á súa dereita; agora terá diante a historia que comezou a escribir o compañeiro que está á súa esquerda e debe continuar coa sús propia historia nese papel.
Ó cabo dalgún tempo repítese o "CAMBIO", sempre en sentido contrario ás agullas do reloxo.



Se o grupo é numeroso, oito ou máis participantes, podemos optar por facer os cambios rápidos ou dar por rematado o xogo despois de certo número de cambios.

A posta en común coa lectura das historias será choqueira porque as historias resultarán evidentemente incoherentes,
Trátase dunha variante do xogo surrealista coñecido como "Cadáveres exquisitos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario