jueves, 19 de julio de 2012

Memoria visual: xogo de grupo


Elaboramos unhas fichas nas que aparezan imaxes, debuxos, letras, símbolos, etc. Dúas fichas de cada de cada imaxe e unha ficha por participantes; se o número de participantes fora impar xogaría tamén o monitor. Un xeito moi doado de conqueri-las fichas é empregando a publicidade gráfica das revistas (dos suplementos semanais dos xornais, por exemplo), que pegaremos nun folio ou nunha cartuliña, pois é preciso que polo reverso sexan lisas e idénticas.

Repartimos unha ficha a cada participante quen, despois de ollala, colocaraa sobre a mesa cara abaixo. Por quenda un participante amosará a súa ficha e pediralle a outro compañeiro que amose a súa; se foran idénticas, as fichas quedarían casa arriba, en caso contrario volverían a poñelas cara abaixo e sería o compañeiro da súa dereita quen amosaría a súa ficha. Así ata que tódalas imaxes estiveran á vista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario