MEMORIA AUDITIVA:
xogo de grupo
Lemos en voz alta un pequeño texto e a continuación os
participantes deben responder ás preguntas propostas.
Texto:
O seguinte texto
é de elaboración propia, pero tamén podemos coller un texto literario, se ben é
moi importante que non se refira a un tema de actualidade, pois os
participantes non deberían contar con máis fonte de información que a que se
lle proporciona coa lectura; descartamos, polo tanto, noticias dos xornais.
Fernando e Martiño chegaron de Lisboa á noitiña. Martiño
viña canso porque tivera que conducir el todo o traxecto, pois Fernando levaba un brazo
na estribeira. Caira no baño do hotel dous días antes.
A señora Consuelo, a avoa de Martiño, preparou unha tortilla
con chourizo da casa, picou un pouco xamón e abriu unha botella de Albariño
para que recobrasen forzas. Estaba impaciente por que lle contaran todo o que
lles acontecera durante a semán que estiveron fóra.
PREGUNTAS:
1. ¿Cal é o nome dos protagonistas da historia?
2. ¿A que hora chegaron á casa?
3. ¿De onde viñan?
4. ¿Que medio de transporte empregaron?
5. ¿Que lle aconteceu a Martiño? (Esta pregunta leva algo de trampa, porque o que caeu foi Fernando)
6. ¿Que parentesco unía a Martiño e a Fernando?
7. ¿De que localidade galega eran oriúndos os protagonistas da nosa historia?
8. ¿Cal foi o motivo da súa viaxe?
9. ¿Onde se aloxaron?
10. ¿Canto tempo estiveron fóra?
11. ¿Cal era o interese de Consuelo en darlles de cear?
12. ¿Que cearon? (Ollo, dise o que tiñan para cear, pero non se realmente o tomaron)

No hay comentarios:
Publicar un comentario