viernes, 27 de julio de 2012

Memoria auditiva

Xogo de grupo.
Despois de escoitar a lectura dun texto, cada participante debe responder ás preguntas formuladas.



TEXTO: (elaboración propia)
Alberto mercou tres libros de horticultura na libraría mellor surtida do centro coa intención de cultiva-lo terreo case abandonado que tiña detrás da súa casa. Sentía envexa de ver ó seu veciño Xaquín pasa-las tardes disfroitando  co coidado dos seus tomates, pementos, xudías, cogombros e coles de Bruxelas, que logo soía repartir entre os amigos, pois non era capaz de consumir todo aquilo que producía.
Alberto, informático de profesión, nunca lle prestara moita atención á natureza e nin el mesmo sabía por que mercara aquela casa de planta baixa nas aforas da vila, menos aínda cunha horta de perto de douscentos metros cadrados.
Xaquín, pola contra, precisaba o contacto coa terra para liberarse das tensións que lle provocaba o seu traballo como condutor de ambulancia.

PREGUNTAS:
  1. ¿Como se chaman os protagonistas da historia?
  2. ¿Onde viven?
  3. ¿Que relación hai entre eles?
  4. ¿Que profesión ten cada un deles?
  5. ¿Que mercou Alberto?
  6. ¿Onde mercou?
  7. ¿Con que intención?
  8. ¿Que sentimento lle provocaba o seu veciño?
  9. ¿Que cultivaba Xaquín?
  10. ¿Que facía coa colleita?
  11. ¿Que superficie tiña a horta de Xaquín?
  12. ¿E a de Alberto?
  13. ¿Como era a casa de Alberto?
  14. ¿Canto lle costara?
  15. ¿Por que Xaquín se dedicaba a cultiva-la terra?


No hay comentarios:

Publicar un comentario