lunes, 9 de julio de 2012

Solución ó refraneiro

Escribe refráns, ditos ou expresións da fala popular relacionados co tempo cronolóxico, é dicir, coa medida do tempo.

Exemplos:
  1. Os anos pasan para todos;
  2. O que non pasa nun ano pasa nun día;
  3. Mañán é outro día;
  4. Sábado á noite Marica colle a roca;
  5. Tras maio vén sanxoán;
  6. O tempo voa;
  7. Os nosos eran outros tempos;
  8. Os anos pesán;
  9. Non pesan os anos, pesan os kilos;
  10. Vengan días y caigan panes;
  11. Por el/ela non pasan os anos,
  12. De hoxe nun ano;
  13. De cen en cen anos o seu volve de seu a seu dono,
  14. Trinta días tén novembro, con abril, xuño e setembro...
  15. Febreiriño tolo, cos seus vinteoito, se tivera máis catro non quedaba can nen gato;
  16. O que teña moito que se levante pola noite e que o coma;
  17. Para os pobres sempre é noite;
  18. Xuntárselle a noite co día;
  19. Non lle chega o tempo a nada;
  20. De noite tódolos gatos son pardos;
  21. Per sécula seculorum;
  22. A quen madruga Diolo axuda;
  23. Non por moito madrugar amanece máis cedo;
  24. Mentres tempo non vén, sazón non pasa; (este é un bo exemplo da diferencia entre o tempo cronolóxico e o tempo meteorolóxico);
  25. Non se lle pasan as horas;
  26. O que espera, desespera;
  27. O tempo dao Deus de balde;
  28. Andando o tempo;
  29. O tempo ímolo andando;
  30. Andar coma un reloxo;
  31. Face-lo tempo;
  32. Perde-lo tempo;
  33. Co tempo e unha cana;
  34. Érase unha vez;
  35. As cousas non se fan sen tempo;
  36. Mañán Deus dirá;

No hay comentarios:

Publicar un comentario