jueves, 28 de junio de 2012

Memoria auditiva e memoria visual


MEMORIA AUDITIVA v.s. MEMORIA VISUAL

Xogos de grupo:

1.    Facilitámoslle ós participantes de viva voz unha lista de 10 palabras calisquera; repetímola lista dúas ou tres veces. A continuación apuntan nun papel tódalas palabras que lembren, repasamos e cada un marca o seu número de acertos;

2.    Repetímo-lo exercicio, pero, neste caso, pasámoslle unha lista de palabras mecanografadas que poderán observar durante uns 30 segundos. De novo apuntan tódalas palabras que lembran e marcan o número de acertos.

¡COMPARAN RESULTADOS!

3.    Lemos a lista de palabras, pero permitimos que copien nun papel as palabras que van escoitando. Pedímoslle que rachen ou desboten os apuntes e que traten de repeti-la lista nunha folla nova. Corriximos, anotamos o número de acertos e compararemos cos resultados anteriores.

Para evitar os efectos dunha tensión prolongada, podemos realizar cada unha das variantes nunha sesión diferente.

Algunhas listas de palabras que podemos empregar:

LISTA 1
LISTA 2
LISTA 3
malecón
escurrideira
zamburiña
ringleira
pandeirada
narrativa
servidume
conversa
aretes
maxisterio
ministro
comparación
escaparate
estrela
meigallo
querenza
melindres
escritura
trompeta
renacer
fervenza
agricultura
vestimenta
solsticio
maleza
mendiño
comporta
festival
recibidor
consistencia










No hay comentarios:

Publicar un comentario