miércoles, 20 de junio de 2012

Recopilación de "ruxe-ruxes" varios (5)


19
As paredes pintadas de cor salmón mostraban manchas de humidade, cousa que non era estrana, pois o edificio colindante levaba anos adandoado.
Gostábanos  entrever naquelas manchas aparentemente amorfas siluetas de figuras recoñecibles: naquela esquina unbastón co seu puño retorneado; un pouco máis abaixo un barco coas velas ó ventoe á súa esquerda unha camisa de durmir á que lle faltaba unha manga...

Total: 62 palabras;

20
Marta estaba de santo, nono comentara con ninguén, pero, ó chegar ó despacho atopou un ramo de lirios e o último libro de Miguel Torres, o seu autor favorito, así que, sen pensalo moito, convidou a xantar ós seus compañeiros de traballo.
Non poderían ir moi lonxe porque só dispuñan dunha hora; no edificio de enfronte había un pequeno restaurante bastante acolledor, a el se dirixiron. Carmelo pideu unha crema de calabacín e unha milanesa; Tereixa unha ensaladiña rusa e salmón ó ferro; Marta e Gustavo decidiron compartir unha ensalada mixta e probar a pescada ó estilo do cheff. A sobremesa xa escollerían despois...

Total: 104 palabras;

21
A tronada comezou ás catro da tarde e xa eran as sete e aínda seguía chovendo con forza. As previsións meteorolóxicas anunciaran unha fin de semán soleada e un lixeiro aumento das temperaturas, así que os plans de Marcelo viñéronse abaixo: tiña pensado ir ata o souto de Pardiñas, perto do río, para facer uns apuntes á acuarela.
Total: 58 palabras;


No hay comentarios:

Publicar un comentario