sábado, 23 de junio de 2012

Solución a atención

Este sería o relato:


A Marcos gostáballe ir ó cine; prefería acodir á última sesión e, a poder ser, soio; non quería que o distraesen con comentarios nos momentos máis cruciais da película. Sentábase na última fila, na butaca central se esta non estaba xa ocupada, así non tiña que preocuparse por se, ó cambiar de postura, molestaba a algún outro espectador.
Á saída, Marcos buscaba unha cafetería tranquila, pedía un café, unha copa de viño ou unha cervexa,  segundo a época do ano, sacaba un pequeno cuaderno do peto e anotaba nel as súas opinións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario