jueves, 28 de junio de 2012

Recopilación de "ruxe-ruxes" varios (7)


25
Alí estaba, na primeira páxina do xornal, Tomás, o seu veciño, agraciado cun premio dun millón de euros na Bonoloto. ¿Debería felicitalo pola súa sorte ou, acaso, o seu xesto sería mal interpretado? Nunca tivera con Tomás máis que unha relación superficial, nin sequera sabía cal era a súa ocupación; saía da casa tódolos días ás nove da mañá e voltaba puntualmente ás seis, sábados e domingos inclusive. Non tiña un can de compañía, pois, se así fora, veríao no xardín de cando en vez.
Total: 85 palabas;

26
A cotío erguíase ás oito; mentres facía o café, ollaba pola fiestra, se o día estaba claro o seu ánimo empurrábao a cumprir con dilixencia as súas obrigas matutinas para saía á rúa canto antes. Se estaba escuro almorzaba de vagar, mentres escoitaba as noticias que daban pola radio. Marchaba da casa co tempo xusto para chegar ás nove e media ó traballo.
Total: 63 palabras;

No hay comentarios:

Publicar un comentario