sábado, 9 de junio de 2012

Recopilación de ruxe-ruxes varios (2)


7
Dolores tiña o costume de compara-los prezos duns establecementos a outros, incluso daqueles productos que non mercaba endexamais: así sabía que unha garabata podía costar entre os corenta e os setenta euros nunha tenda do centro da vila; uns zapatos de tacón, segundo o fabricante e a calidade, oscilaban entre os vinte e poucos e os cen…

Total: 57 palabras;

8
(Descriptivo)
Subindo, á dereita, está a farmacia, un pouco máis arriba hai una perruquería de señoras, logo a tenda de informática e, ó carón, a panadería que fai esquina.
Tamén hai una discoteca, pero como ás horas que eu paso está pechada, nona teño en conta para as miñas referencias.
A rúa é amplia e as edificacións do outro lado teñen pouca altura, así que case todo o día dá o Sol nesta beirarrúa.

Total: 77 palabras;

9
Rosario era a irmá de Marcelino, ámbolos dous fillos da panadeira; a Rosario non lle gostaban as bonecas, prefería xogar ás chapas (tiña una boa colección delas, todas diferentes), ó aro ou montar na carrilana que lle regalara o seu padriño, pero como máis gozaba era acompañando ó seu irmán na procura de niños.
A Marcelino non lle agradaba que a cativa o seguirá a todas partes e a tódalas horas, pero non lle quedou outra que acostumarse, porque ela era teimosa e, aínda que lle costara recoñecelo, una rapariga Valente e arriscada…

Total: 93 palabras;

10
Marcelino, o fillo da panadeira, tiña un canciño que atendía polo niome de Trisca e que o seguía a todas partes. Cando Marcelino entraba na escola o animal ficaba un anaco ollando para a porta, mentres movía con gracía o seu rabiño; despois dun bo anaco sentábase sobre as súas patiñas traseiras, sempre coas orellas alerta.
Ó sairen da escola Marcelino e mailos seus compañeiros, Trisca seguíaos a certa distancia, coma se soupera que o rapaz repararía nel cando ficara soio e se adentrara no piñeiral que debía atravesar para chegar á súa casa.

Total: 94 palabras;

No hay comentarios:

Publicar un comentario