viernes, 1 de junio de 2012

Recopilación de ruxe-ruxes varios


1
O próximo venres, ás oito da tarde, reunirémonos no Círculo Cultural “A Roseira” para celebra-lo centenario do nacemento do poeta galego Coles Melaste*.
    O acto consistirá nunha semblanza biográfica do escritor e un recital dalgúns dos seus poemas máis coñecidos por parte dos alumnos e profesores da Escola Dramática Municipal.
    Será una boa ocasión para testimoniar o noso compromiso coa cultura.
    Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

Total: 66 palabras
* É invención.

2
Os xoves e os sábados vou ó mercado; aproveito para surtirme de froitas, verduras e peixe; todo ilo do país; os luns compro na tenda do barrio productos de uso diario: aceite, zucre, pasta, legumes…
            Os martes xanto coa miña amiga Tereixa que prepara un estofado de carne exquisito; os mércores e os venres vou á cafetería da empresa porque traballo mañán e tarde; os domingos aproveito para coñecer algún lugares dos arredores e tomo calquera cousa en calquera sitio.

Total: 80 palabras
(Importante: lembrar a actividade que corresponde a cada un dos días da semán)


3
            Seguín a aquel home durante una hora; camiñando detrás del observaba atentamente os seus movementos, ó mesmo tempo que procuraba imitalos: o xeito de tocarse o sombreiro coa man esquerda de cando en vez coma para asegurarse de que seguía aí ou de xira-la cabeza a un lado e a outro coma buscando algo ou a alguén; en ocasións aminoraba o seu paso, entón eu facía o mesmo tratando sempre de manter a distancia que consideraba prudencial; noutras apurábao, ó mesmo tempo que subía o colo do seu raído gabán, xesto un tanto estrano, pois a noite era morna…
Total: 99 palabras.

4
                Adrián  somelloume un home serio, escoitaba atentamente a cada un antes de falar  e logo respondía coas palabras precisas e axeitadas ás circunstancias; Emilio era rideiroe o seu sorriso contaxioso, con el non había penas; Marcos, pola contra, era reservado e ruborizábase a cada pouco; Pedro, que tocaba o acordión, era retranqueiro, Antón, o gaiteiro, franco; Casimiro, que estudaba bioloxía, ciumento; Dositeo, despitado; Aníbal, lingoretiro; Tomás, desconfiado…

Total: 67 palabras
(Importante: relacionar cada nome coa cualidade correspondente)



5
             Eran extranxeiros e ollaban con moita atención o cruceiro situado no medio da praza. O home era alto e forte, calzaba sandalias negras de coiro; a muller, de cabelo roibo,  unas bailarinas turquesa, a xogo coa camiseta de manga curta; a nena, que levaba un gracioso sombreiriño verde,  uns tenis brancos con cordóns tamén verdes. Era verán e ningún deles levaba chaqueta.

Total: 62 palabras:

6
          Desde a fiestra podía ollar os rapaces que xogaban na rúa tódalas tardes ó saíren da escola: Marcelino, o fillo da panadeira, e máis sús irmáa Rosario; Andrés e Marcos, os xemeos, fillos do boticario; Inés, a máis cativa do xastre…
Algunhas veces xogaban á agachadela, outras á maroma ou ás chapas; en contadas  ocasións uníaselles tamén luis, o fillo do notario; daquela xogaban coa súa estupenda pelota de coiro.
          A min tamén me gostaría poder xogar con eles.

Total: 79 palabras;


No hay comentarios:

Publicar un comentario