jueves, 14 de junio de 2012

Recopilación de ruxe-ruxes varios (3)


11
            Aquel ano polas festas da Ascensión trouxeran dúas orquestras, una tocaba desde as nove da noite ata as once, e a outra comezaba a súa actuación ás doce  e non remataba ata ben pasadas as dúas da mañán.
            A Antón non lle gostaba bailar, pero coñecía tódalas pezas, que tarareaba polo baixo arrimado a una palmeira do paseo situada xusto fronte  ó palco da música, sen que ninguén repara nel, claro que con talto balbordo…

Total: 75 palabras;

12
Non era xoves, aínda era martes; tiña tempo dabondo para argallar un plan para a fin de semán. Debería barallar varias posibilidades por mor da meteoroloxía, moi inestable nesa época do ano: se fixera bo podía realizar unha caminata ó longo do río Toupío* e tirar algunas fotografías dos vellos muíños; en caso que chovera, podía reunirse con algún amigos na casa rural de Cantires**, onde sempre estaban garantidas unha interesante conversa e una exquisita comida.
(* e ** son invención)
Total: 76 palabras;

13
Numérico
Marta quedara ás seis da tarde coas súas amigas, pero antes debía facer un par de chamadas telefónicas; non lembraba se a cita co dentista o día dez ás doce da mañá ou o día doce ás dez, e non quería trabucarse.
Tamén tiña que facer un pedido de catro centos cincoenta calendarios coa publicidade da súa libraría para os clientes máis asíduos. ¿Non sería millor encargar cincocentos? A quince céntimos cada un era preferible que sobraran e non ter que facer un novo encargo cos conseguintes gastos de envío.

Total: 90 palabras;

14
Espertara de mañanciña, pero sen gañas de erguerse; quería gozar con tódolos seus sentidos dun intre de sosego, ó quentiño, ¡aquelas sabáns eran tan soaves!
Acendeu a radio que tiña sobre a mesiña, cada hora daban noticias... Gostáballe apostar consigo mesma cal sería o tema de conversación do día. Non sempre atinaba, era evidente que os seus intereses non tiñan moita relación cos da maioría da xente coa que trataba.
Total: 70 palabras;

No hay comentarios:

Publicar un comentario