miércoles, 20 de junio de 2012

Recopilación de "ruxe-ruxes" varios (6)


22
Andrés é un home tranquilo; érguese ás oito da mañá e o primeiro que fai é abrir a fiestra do seu cuarto e ollar se a rúa está seca ou mollada, agarda a que pasen algunhas persoas e observa se levan prendas de abrigo ou van en mangas de camisa; pecha a fiestra e prepara unha taza de café con leite e unhas tostadas; séntase e toma o almorzo de vagar...
Total: 71 palabras;



23
No cuarto tiña unha mesiña redonda con dúas cadeiras, perto da fiestra; sobor da mesa algúns libros, un caderno escolar e un par de lapis ben afiados; gostáballe ir apuntando mentres lía as palabras que lle chamaban a atención.
Total: 39 palabras;

24
Elena ten unha irmá que leva dous anos e un irmá máis novo que vai ó Instituto.
O pai de Elena traballa nunha fábrica de calcetíns que está nas aforas da vila; vai tódolos en bicicleta.
A nai de Elena é Traballadora Social, pero o que máis lle gosta é a música, por iso se ofreceu voluntaria para dirixi-lo coro da Asociación Veciñal.
Total: 63 palabras;

No hay comentarios:

Publicar un comentario